Concursos de fóra


      Queremos felicitar á alumna de 2º de bacharelato Jessica Amado, que obtivo un accésit na modalidade de poesía dos “Premios Literarios Minerva”, convocados cada ano polo Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela, coa obra “Tritetricismos de corpo morto”.
      Este concurso ten trinta e sete anos de atigüidade, e nel foron premiados escritores que acadaron un posto de primeira fila no panorama literario galego, como é o caso de Xesús Rábade, Lois diéguez, Darío Xohan Cabana, Suso de Toro, Xabier Queipo, Neira Cruz, Ánxeles Penas, Rei Ballesteros, Olga Novo, Rafa Villar, Roque Cameselle, ou Bérta Dávila.
      O xurado, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado, ficou sorprendido pola alta calidade dos traballos presentados e pola cultura poética dos participantes nesta edición, polo que considera que se abre un futuro moi esperanzador para a literatura galega.
      A entrega dos premios celebrouse o vinte de maio nas dependencias do colexio, e foi presidido pola Concelleira de Educación de Santiago, Mercedes Rosón, coa participación do poeta Xosé María Álvarez Cáccamo como mantedor.
      Felicitamos tamén especialmente, por veciñanza, ao alumno de 4º de ESO do IES Virxe do Mar, Ismael Ramos, que obtivo o primeiro premio de narrativa co relato “O factor humano ou a vida privada dos pronomes” e o segundo de poesía con “Oda á cafeína (ou anecdotario dun amor de inverno)”. E, por suposto, felicitamos a todos os premiados e a todos os participantes nun dos concursos literarios xuvenís de maior antigüidade e prestixio de Galicia.

Enlaces:
O fallo do xurado na páxina web do colexio Manuel Peleteiro
Reseña do acto de entrega de premios na páxina web do colexio Manuel Peleteiro
A noticia da entrega dos premios no xornal Galicia Hoxe
Fotografías do acto de entrega de premios no arquivo de El Correo Gallego

      E non esquezamos que Jessica obtivo tamén un 1º premio ex aequo de poesía no Certame Literario “Letras Galegas” (v. Premios do Certame Literario ”Letras Galegas”) e un 1º no Certame de Poesía Francisco Añón (v. Premios do XIV Certame Francisco Añón de Poesía).

O equipo da revista ENTREPONTES do noso centro está de noraboa.
Uxía, estudante de 4º ESO, foi galardonada co 1º Premio de PRENSA ESCUELA, o concurso que organiza LA VOZ DE GALICIA a través da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, dirixido a escolares de infantil, primaria e secundaria de toda Galicia.
A nosa alumna tivo que competir cos arredor de 5000 traballos presentados dentro da categoría Xuvenil na modalidade Entrevista, que foi realizada ao Presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, aos poucos días da súa estrea no cargo.

Para ler mellor dalle a “Fullscreen” enriba do cadro

Ademais o equipo de redacción de ENTREPONTES tamén foi seleccionado como un dos tres finalistas autonómicos no xogo didáctico “El País de los Estudiantes” do xornal EL PAÍS, o que lle pode dar opción a un premio a nivel nacional. Nesta ocasión competiron con 231 equipos de centros escolares galegos.

Noraboa!!!

Un accessit no “Minerva”, un 1º ex aequo no ” Letras Galegas ” (entre os dous IES de Noia) e o 1º premio do “Francisco Añón”… esta moza ten futuro, non?
Dende o Equipo de Normalización, noraboa Jéssica.
Completamente merecido.

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IV.ª edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego a través da internet.

Lingua de amor ten como obxectivo principal estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.

Ver as instrucións para  participar aquí.

Descargar Tríptico informativo (PDF).

>> Ver máis detalles (prazo, premios …) neste mesmo artigo. >>

O día 1 de febreiro comezou o concurso de cancións Cantalingua, ideado polas entidades organizadoras de Correlingua en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net. O prazo de presentación está aberto ata o 10 de abril.

Videos promocionais de Cantalingua:


Bases e información en Komunikando.net e en Correlingua.

En http://www.komunikando.net/cantalingua/ podes escoitar as cancións presentadas ao concurso, ver as fotos dos grupos participar nos comentarios.

No 2º Concurso de Relatos “Ciencia que conta” foron seleccionados cinco contos enviados por este centro, un na categoría de Secundaria, e catro na categoría de Bacharelato.

Páxina seguinte »