Coincidindo cos últimos días do curso saíu á luz, como todos os anos, «ENTREPONTES», a revista escolar deste instituto.
Cando a comunidade do centro xa pensaba no peche da publicación, a comezos deste curso, a compañeira Chefa colleu o relevo da súa coordinación e sacouna adiante cuns resultados realmente extraordinarios.
Non me vou estender en eloxios a este traballo porque sería facer autobombo de todos nós, de toda a comunidade escolar que colaborou, cadaquén na súa medida, neste proxecto. Para iso poden valer os artigos xornalísticos que se enlazan embaixo e o mesmo contido da revista.
Na prensa:
- Crónica en La Voz de Galicia, edición Barbanza, por Marta Gómez. 22/06/10.
- Artigo en La Voz de Galicia, edición Barbanza, por Maxi Olariaga. 24/06/10.
- Crónica en El Correo Gallego (no momento de redactar esta entrada a paxina web deste xornal non está dispoñible)
Descarga:
- Descarga da revista «Entrepontes» (PDF 3,8 MB)
Blog: