Música no Insti


        O profesorado do conservatorio de música de Noia veu ao instituto cos seus instrumentos e o seu sentido do humor para facernos pasar unha tarde moi agradable no IES Campo de San Alberto.
        Executaron pezas de autores diversos,sós e en compañía do alumnado do noso centro que estuda música con eles.
        O concerto foi moi agradable e entretido e desenvolveuse nun ambiente moi distentido.
        Agardamos poder contar máis veces coa súa presenza no centro.

Moitas grazas por vir e ata outra!!!

Advertisement

Este curso o alumnado da materia de música de 1º de bach C comezaron o curso estudando as diferentes profesións relacionadas coa música (compositor/a, intérprete, cantante, profesor/a, discjockey, técnico/a de son, artesán de instrumentos musicais, editor/a de partituras…).

Asimesmo, fixéronse varias entrevistas a profesionais adicados á música. Ahí vos van algunhas delas!:

1.- Entrevista ó Director da Banda de Música da Serra de Outes.

Comezou na música con tan só 14 anos, na Escola de Música da Serra de Outes, con Prudencio Romo (un dos compoñentes do grupo “Los Tamara”). Despois dun período na Serra, deciciu aspirar a máis e matriculouse no Conservatorio de A Coruña, onde máis tarde acadaría o título de Profesor de Trombón de baras e a Licenciatura de Harmonía, Contrapunto, Fuga e Composición. Mentres estudaba na Coruña tamén dou clases particulares na mesma cidade e traballou en distintas formacións, orquestras e bigbands.

Enorgullécese de tocar tres instrumento: trombón, piano e gaita.

O noso entrevistado pensa que a música serve para expresarse, ademáis de ser o modo de vida de moitas persoas. El mesmo se adica a transmitir os seus coñecementos a través do seu oficio, director da banda de música da Serra de Outes.

Adícalle de media ao seu traballo unhas 5 horas diarias. Tamén menciona entre risas que lle encanta o seu traballo, pero de non ter progresado na música, tivéralle gustado ser piloto de avión.

Pincha aquí para ler máis entrevistas