Poesía


      Queremos felicitar á alumna de 2º de bacharelato Jessica Amado, que obtivo un accésit na modalidade de poesía dos “Premios Literarios Minerva”, convocados cada ano polo Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela, coa obra “Tritetricismos de corpo morto”.
      Este concurso ten trinta e sete anos de atigüidade, e nel foron premiados escritores que acadaron un posto de primeira fila no panorama literario galego, como é o caso de Xesús Rábade, Lois diéguez, Darío Xohan Cabana, Suso de Toro, Xabier Queipo, Neira Cruz, Ánxeles Penas, Rei Ballesteros, Olga Novo, Rafa Villar, Roque Cameselle, ou Bérta Dávila.
      O xurado, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado, ficou sorprendido pola alta calidade dos traballos presentados e pola cultura poética dos participantes nesta edición, polo que considera que se abre un futuro moi esperanzador para a literatura galega.
      A entrega dos premios celebrouse o vinte de maio nas dependencias do colexio, e foi presidido pola Concelleira de Educación de Santiago, Mercedes Rosón, coa participación do poeta Xosé María Álvarez Cáccamo como mantedor.
      Felicitamos tamén especialmente, por veciñanza, ao alumno de 4º de ESO do IES Virxe do Mar, Ismael Ramos, que obtivo o primeiro premio de narrativa co relato “O factor humano ou a vida privada dos pronomes” e o segundo de poesía con “Oda á cafeína (ou anecdotario dun amor de inverno)”. E, por suposto, felicitamos a todos os premiados e a todos os participantes nun dos concursos literarios xuvenís de maior antigüidade e prestixio de Galicia.

Enlaces:
O fallo do xurado na páxina web do colexio Manuel Peleteiro
Reseña do acto de entrega de premios na páxina web do colexio Manuel Peleteiro
A noticia da entrega dos premios no xornal Galicia Hoxe
Fotografías do acto de entrega de premios no arquivo de El Correo Gallego

      E non esquezamos que Jessica obtivo tamén un 1º premio ex aequo de poesía no Certame Literario “Letras Galegas” (v. Premios do Certame Literario ”Letras Galegas”) e un 1º no Certame de Poesía Francisco Añón (v. Premios do XIV Certame Francisco Añón de Poesía).

Advertisement

****O meu EMBLEMA****

Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Unha noite fíxenme loitador, loitador da vida e o amor.
Aprendendo en cada caída, cada ferida, cada día, vía,
perder aos demais a súa dignidade, integridade.
Facilidade en tratar temas, de guerras, pelexas…FIGHT!!
Vitorias acumuladas na miña curta traxectoria.
A derrota non está no meu vocabulario,
no meu dicionario vanse borrando sinónimos, antónimos,
palabras raras que me causan graza.
Cada día vexo a miseria, a fame, a morte na noite de bebedeira.
Sinto medo, ganas de seguir adiante,
colleitando vitorias a cada instante.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
A mentira é a miña lección, e a verdade unha maldición.
Para min a derrota sería caer nun abismo,
cheo de tormentos e enganos e perdición.
Sería máis feliz convivindo ao teu lado,
pero non quero pór en perigo ao que máis amo.
Estar contigo sería como unha luz na miña escuridade,
sen abismo, sen alcol, sen drogas, nin nada que me invade.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Camiñado, soñando, espertando,
dáste conta do que está pasando.
Móveste, reaccionas, páraste, pensas,
o soño é máis profundo do que crías.
E sen solución no esquecemento te precipitas.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Buscar, non atopar, miradas perdidas.
Escuridade, dor, sangue, mentes frías.
Caer, levantarse, volver perder.
Descoñecer a saída e non perder a fe.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Sufrir, feridas, chagas, luces que se apagan.
Vidas pasadas, futuros que se escapan.
Vaste deixar ir sen facer nada?!
Yeah, seh!Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema

Ana Romaní: ” A voz necesita expresarse e a escrita é un medio de expresión”

Das últimas mareas trata da memoria histórica do xénero das mulleres e de toda a súa historia de espolio e sumisión”

A poeta nun momento da entrevista

Este traballo foi realizado polo grupo de traballo de 2ª da ESO como parte do seu proxecto de investigación para o departamento de Lingua Galega e Literatura.

A entrevista foi realizada na Tasca Típica, lugar emblemático e de gran carga sentimental para a poeta, pois aquí transcurriron moitos dos momentos compartidos co tamén poeta Antón Avilés de Taramancos.

Ana Romaní fala da súa faceta de escritora, da creatividade, da inspiración…así coma daquelas persoas importantes no descubremento e desenvolvemento da súa vocación.

AMOR DE OUTONO

Alfombra de lágrimas de outono

Brotan follas do meu corazón,

coma lágrimas incontidas,

chegou o outono sen razón.

Brotan follas con cadencia de algodón,

a mirada lonxana parece non ollar,

nin darse conta, perdida no ensoñar.

O amor que debuxaba soles de alegría na túa vida,

abandona moi sixilosamente a aqueles aos que ilumina.

E olvida.

Pouco a pouco caen as follas,

con cadencia perezosa, abandonan as pólas…

A mirada impasible, a tristura asoma,

e olla como aquilo que fora, cae e prepara unha alfombra.