Informática


Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud
O galego acada o posto 17 das línguas ás que está traducida Ubuntu, a distribución GNU/Linux máis popular, para a vindeira versión 10.04 que verá a luz o día 29 de Abril.
Isto é grazas, naturalmente, ao traballo desinteresado de 22 voluntarios/as, que consiguen nada menos que poñer ao noso idioma por riba do catalán, e a só 3 postos do portugués.
Máis información en Mancomun.org

Advertisement

Milleiros de persoas colaboran desinteresadamente na galeguización de Internet

«Saben que a enciclopedia de referencia en Internet, a Wikipedia, ten en galego a décima parte dos artigos que en español, pese a que a porcentaxe de galegofalantes no mundo é 0,7% da de hispano falantes? Que hai aplicacións informáticas que se traducen antes ao noso idioma que ao francés ou ao alemán? Que tamén está traducida Facebook, a rede social que tende a ter tantos membros no mundo como usuarios de Internet, e na súa irmá emerxente, Twitter, o galego está entre os 20 idiomas máis usados? O idioma propio de Galicia ten unha presenza na Rede moito máis elevada que nos medios de difusión tradicionais, e todo iso non con subvencións oficiais, como reza o mantra neoliberal, senón grazas ao esforzo desinteresado de milleiros de persoas. (…)

>> Seguir lendo en El País (só texto) >>

Xosé Manuel Pereiro – El País, 26 de febreiro de 2010

A Universidade da Coruña, através da súa Oficina de Sóftware Libre, está traducindo uns cómics tipo manga xaponés, sobre o sistema operativo Ubuntu GNU/Linux, que é no que se basea o Galinux. A páxina do proxecto pódela ver aquí.

Ubunchu

Ata o de agora traduciron os 3 primeiros exemplares.

Ubunchu, Nº 1 (5,6 MB)

Ubunchu, Nº 2 (4,7 MB)

Ubunchu, Nº 3 (5,3 MB)

Os cómics publícanse baixo unha licenza CC by-nc.

Que os disfrutedes!

Decálogo:

  1. Contribúe a formar persoas libres, independentes, críticas e autónomas.
  2. Permite ensinar con ferramentas adaptadas á realidade do alumnado.
  3. Crea unha Comunidade de Coñecemento Compartido.
  4. Favorece a liberdade de elección tecnolóxica da persoa.
  5. Evoluciona rapidamente e permite unha eficaz solución dos problemas.
  6. Unha solución madura, con experiencias de éxito na contorna educativa española.
  7. Permite aforrar custos na implantación, mantemento e xestión dos centros educativos.
  8. Facilita que os alumnos dispoñan na súa casa das mesmas ferramentas educativas que utilizan no seu centro educativo, e de forma 100% legal.
  9. Garante a seguridade.
  10. Potencia a innovación de produtos e servizos a través de empresas locais.

>

>

>

>

>
Máis sobre esta campaña en Mancomún

five years of firefox

Felicitamos con moito agarimo ao raposiño, que cumpriu cinco anos o día nove de Novembro.
Fala xa máis de setenta linguas, entre elas o galego, grazas ao traballo voluntario de miles de persoas.
70 languages
>

Vídeo da historia de Firefox (en inglés):

Χρὀνια Πολλἀ!