Abril-Maio 2010
Mes Cultural “Do Libro ás Letras”
Do 23 de abril ao 19 de maio
Programa do Mes Cultural 2010 (PDF)
|
Novembro 2009
Libros para a mocidade
Editorial Galaxia: Galaxia de libros
Editorial Xerais: Plan Lector ESO e BACHARELATO 2009-2010 (PDF 2,87 KB)
>
SUXERENCIAS PARA ESTE TEMPO DE INVERNO . . .
Para alumn@s:
PODEROSA
Autor: Sérgio Klein Ed. Xerais
Para descubrir o poder das palabras, que a palabra – a literatura – pode transformar a realidade, pero é preciso saber que os verdadeiros revolucionarios son quen de deitarse a ver medrar a herba, mesmo desde as ventás do 2º ciclo de ESO
A POMBA E O DEGOLADO
Autora: Fina Casalderrey Ed. Xerais
Para os que estean fartos de pasalo mal, de sentírense sós, e queiran descubrir que hai alguén na rede, ao outro lado do ordenador, pero que ese alguén non é virtual, está ao seu carón todos os días, só que aínda non ollaran o suficiente mentres estaban perdidos no 2º ciclo de ESO
PROXECTO BOLBORETA
Autora: Andrea Maceiras Ed. Xerais
Para os que queiran iniciarse na responsabilidade, asumindo as consecuencias de cada un dos seus actos e ademais viaxar polo mundo sen saír do 1º ciclo de ESO
FIZ NOS BIOSBARDOS
Autor: Kiko Dasilva Ed. Kalandraka
Para tod@s @s lector@s que queiran rir, despois rir, e aínda despois volver rir
Para profes:
OS LIBROS ARDEN MAL
Autor: Manuel Rivas Ed. Xerais
Para non perder a memoria
MERLÍN E FAMILIA
Autor: Álvaro Cunqueiro Ed. Galaxia
Para celebrar o seu 50 aniversario e estrear edición
VIAXES NO SCRIPTORIUM
Autor: Paul Auster Ed. Galaxia
Para beber o mundo en galego. Só se xa se coñecen as personaxes de obras anteriores do autor
A XEIRA DAS ÁRBORES
Autora: Teresa Moure Ed. Sotelo Blanco
Para … ser muller e sobrevivir
A PRAIA DOS AFOGADOS
Autor: Domingo Villar Ed. Galaxia
Para vivir o misterio na ría de Vigo