Audiovisual


A Jorge sempre o vemos no Instituto sacando notas do ordenador ou metendo datos ou… pero hoxe subiu á aula de audiovisuais para ensinarnos algo: a imaxinar.

As súas fotografías sorprenderon aos rapaces porque reproducían lugares coñecidos por eles, pero que non os parecían. Axiña comprenderon que se trata de ver a realidade cunha mirada nova, distinta, de recreala.

E con esa premisa Jorge mostrounos as súas suxerentes fotos mentras nos lía diferentes textos que nos incitaban a ver , como por primeira vez, os obxectos máis cotiáns das nosas vidas e descubrir o que neles hai de marabilloso.

A fotografía que vedes pertence ao vídeo 310 room de case 20 minutos de duración; son homes de barro fronte a televisión en branco; unha televisión que nos arrebata a imaxinación ata o punto de chegar a “tragarnos”. Curta moi traballada que destaca pola súa plástica e pola mensaxe que quere transmitir: a mestura entre a realidade e a ficción no mundo en que vivimos.

Aquí tedes outra mostra do seu traballo *:

Imaxinade, mudade a mirada …

*Se non dá cargado o vídeo dalle a “recargar páxina” no teu navegador.

Advertisement

Excelente reportaxe da manifestación do 21 de xaneiro en defensa do galego no ensino, realizada por soncine + vinte dez, do IES de Porto do Son.

Manifestación en Santiago de Compostela. Folga Xeral no ensino non universitario. Día 21 de xaneiro, 2010. Convoca “Queremos Galego”. Ducias de organizacións e ducias de miles de manifestantes expresan o seu desacordo, o seu NON á política lingüística do goberno de Núñez Feijoo, o seu compromiso, a súa lealdade co idioma galego e con Galicia. Vinte10, (a canle de vídeos do Equipo de Normalización Lingüística do IES Porto do Son) está alí.

Imax_escola-das-areas

flocos.TV

>

Aí vos vai un enlace dunha curta chulísima da páxina flocos.tv que contén todo o audiovisual galego: pelis,curtas,documentais .. e en todas as categorías: adultos, adolescentes… todo se pode ver on-line de maneira gratuíta.

http://flocos.tv/curta/a-escola-das-areas/