Pechamos o chiringuito porque a cunchiña se nos vai de vacacións para descansar e repoñer forzas de cara ao vindeiro curso, que se presenta difícil.
Moitísimas grazas por visitarnos, agardamos atoparvos de novo neste recuncho e a seguir normalizando, aínda que lle chamen como queiran…
Varia
01/07/2010
05/05/2010
MACHINA, O GRUPO QUE ANIMOU ESTE ANO O CORRELINGUA
Posted by EDLG IES CSA under VariaDeixar un comentario
Machina é o grupo de HIP-HOP galego que actuou o luns ao final do Correlingua en Santiago. O grupo está formado por Gonzalo, Angel, Anxo e Martín e son naturais de Cerceda.
Déronse a coñecer no ano 2005, cando gañaron o certame de rock universitario galego Campusons cunha maqueta que nunca chegaron a editar en disco; pero agora xa teñen dous: “Acouga” e o último “Post Bravú”, distribuído por Lonxa Cultural e autoxestionado por eles mesmos. Trátase de 13 temas nos que hai todo tipo de tendencias eléctricas sen desaparecer a influencia de bandas como Os Deftones.
Escoita unha mostra:
Páxina web de Machina
09/04/2010
A Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, ailladas.
Posted by EDLG IES CSA under Varia | Etiquetas: Alucinacións,Decretazo |Deixar un comentario
Despois da enmenda á totalidade ao proxecto de Decreto de Pluriligüismo, aprobada onte polo Consello Escolar de Galicia, a Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Ligüística quedan máis ou menos como esta casiña na China:
O alucinante é que o actual secretario de política lingüística, Anxo Lorenzo, calificou á maioría do pleno do consello Escolar de Galicia como “maioría pequena” e o actual conselleiro de educación, Jesús Vázquez, afirma sentirse xustificado para seguir adiante co Decretazo (Galicia Hoxe 08-04-10).
A CIG-ENSINO pide a dimisión de ambos señores.
Máis detalles en IES ou non IES: Unha pequena maioría.
07/04/2010
Unha parábola
Posted by EDLG IES CSA under Varia | Etiquetas: Decretazo,Demolicións |Deixar un comentario
«¿Que diríamos se o estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria? Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateos. Creouna o xenio inviolable do noso pobo e labrouna o amor, a door e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha língoa é máis que unha obra de arte; é a matriz inagotable de obras de arte.»
Alfonso Rodríguez Castelao: Sempre en Galiza
Vídeo: romanlandin: Unha parábola do negacionismo lingüístico.
08/03/2010
Conferencia a cargo de Juan Carlos Moreno Cabrera co título “La Lingüística y el Nacionalismo Lingüístico Español”, pronunciada en xuño de 2009 no marco da «Jornada 10 Anys de Filologia Catalana» na UOC.
NOTA: Este interesante documento dura corenta minutos. É para poñerse a escoitalo cando boamente se poida. E paga a pena.
24/01/2010
Queremos Galego! Compostela 21-01-2010, reportaxe en vídeo.
Posted by EDLG IES CSA under Audiovisual,Varia | Etiquetas: Decretazo |1 comentario
Excelente reportaxe da manifestación do 21 de xaneiro en defensa do galego no ensino, realizada por soncine + vinte dez, do IES de Porto do Son.
Manifestación en Santiago de Compostela. Folga Xeral no ensino non universitario. Día 21 de xaneiro, 2010. Convoca “Queremos Galego”. Ducias de organizacións e ducias de miles de manifestantes expresan o seu desacordo, o seu NON á política lingüística do goberno de Núñez Feijoo, o seu compromiso, a súa lealdade co idioma galego e con Galicia. Vinte10, (a canle de vídeos do Equipo de Normalización Lingüística do IES Porto do Son) está alí.