Tras un demorado intercambio de opinións e puntos de vista, e examinadas aquelas candidaturas que contaban cun maior apoio dos centros ( CPIs e IES de Muros , Dodro, Lousame ,Outes, Rois, Rianxo e Noia) decidimos conceder o premio …
… ao presentador radiofónico, animador cultural, ex-líder do movemento bravú e tamén escritor arroutado … XURXO SOUTO, polo seu compromiso na difusión e expansión da cultura galega no ámbito da escena musical contemporánea, sempre desde fórmulas de comunicación que conectan especialmente coa mocidade e que contribúen a normalizar a presenza da lingua en ámbitos vencellados á cultura de masas.
E como el mesmo dixo no seu momento:
>
“Estamos no cu do mundo, mais temos forza abonda para tronzar o Universo”
Unha mostra do traballo musical de Xurxo en Os Diplomáticos de Montealto:
Tamén podemos lembrar o ambiente do “movemento bravú” vendo este documental de 1997 en flocos.tv: Nor-noroeste: a viaxe a bravú.