Concursos no centro


Un accessit no “Minerva”, un 1º ex aequo no ” Letras Galegas ” (entre os dous IES de Noia) e o 1º premio do “Francisco Añón”… esta moza ten futuro, non?
Dende o Equipo de Normalización, noraboa Jéssica.
Completamente merecido.

Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
IES Virxe do Mar
IES Campo de San Alberto


BASES:

  1. Poderá participar o alumnado matriculado no presente curso académico en calquera dos dous Centros.
  2. O certame, de RELATO e de POESÍA, terá as seguintes modalidades:
  3. Nivel 1. 1º ciclo da ESO
    Nivel 2. 2º ciclo da ESO
    Nivel 3. Bacharelato e Ciclos Formativos

  4. Os orixinais, escritos en galego e por triplicado, deberán presentarse na Secretaría de calquera dos Centros antes das 14:30 horas do mércores 5 de Maio.
  5. Os orixinais e as copias presentaranse dentro dun sobre pechado no que tan só irá escrito o lema ou pseudónimo, o nivel de participación e a modalidade (relato ou poesía). Dentro del irá outro sobre no que se incluirán os datos do autor/a: pseudónimo, nome, apelidos, curso e centro.
  6. O tema e a extensión dos traballos serán libres. A entrega dos premios realizarase o 19 de maio nun acto que se celebrará no IES Campo de San Alberto.
  7. Establécense os seguintes premios:
    un primeiro premio (60 euros) e un segundo premio (30 euros) para cada nivel.
  8. O xurado, que poderá deixar deserto algún dos premios, será nomeado polos ENDL e o seu fallo será inapelable.

Noia, abril de 2010.

Descargar as BASES do Certame en formato PDF

****O meu EMBLEMA****

Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Unha noite fíxenme loitador, loitador da vida e o amor.
Aprendendo en cada caída, cada ferida, cada día, vía,
perder aos demais a súa dignidade, integridade.
Facilidade en tratar temas, de guerras, pelexas…FIGHT!!
Vitorias acumuladas na miña curta traxectoria.
A derrota non está no meu vocabulario,
no meu dicionario vanse borrando sinónimos, antónimos,
palabras raras que me causan graza.
Cada día vexo a miseria, a fame, a morte na noite de bebedeira.
Sinto medo, ganas de seguir adiante,
colleitando vitorias a cada instante.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
A mentira é a miña lección, e a verdade unha maldición.
Para min a derrota sería caer nun abismo,
cheo de tormentos e enganos e perdición.
Sería máis feliz convivindo ao teu lado,
pero non quero pór en perigo ao que máis amo.
Estar contigo sería como unha luz na miña escuridade,
sen abismo, sen alcol, sen drogas, nin nada que me invade.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Camiñado, soñando, espertando,
dáste conta do que está pasando.
Móveste, reaccionas, páraste, pensas,
o soño é máis profundo do que crías.
E sen solución no esquecemento te precipitas.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Buscar, non atopar, miradas perdidas.
Escuridade, dor, sangue, mentes frías.
Caer, levantarse, volver perder.
Descoñecer a saída e non perder a fe.
Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema.
Sufrir, feridas, chagas, luces que se apagan.
Vidas pasadas, futuros que se escapan.
Vaste deixar ir sen facer nada?!
Yeah, seh!Este é o meu emblema, si, o meu propio emblema

        O MEU PRIMEIRO AMOR

        Ola chámome María e vouvos contar a historia do meu primeiro amor.

        Eu vivía no centro de Londres, tódalas tardes ao saír do colexio recorriamos tódolos recunchos da cidade. Só faltaban dúas semanas para o meu aniversario e claro,a miña festa tiña que ser recordada como a mellor de todas. Inda que cómpre dicir que o que aconteceu ese día non foi o esperado.

        Cando estabamos a piques de abrir os agasallos meus pais entraron na sala coma uns tolos. Tiñan dúas cartas na man; unha dicía que a meu pai o ascendían coa condición de que se mudase a París e a outra era dunha beca que nos mandaran facer no colexio, podía pasar o que quedaba de curso nun colexio de Francia sen ningún problema nin gasto.

        Todo o mundo nos felicitou pero no meu interior estaba desfeita. Durante os días seguintes mantiven a compostura como puiden, escondíame pola casa para chorar e logo mostraba unha gran felicidade á hora de estar cos meus pais e amigos.

        Cando chegou o momento de montar o avión as pernas non respondían ao que o meu cerebro lle dicía; e cando pensaba en como escaparme do aeroporto ou como dicirlle a meus pais que non me quería ir, unhas bágoas asomaban polos meus ollos e unha voz no meu interior dicía que seguise adiante.

>> Seguir lendo >>

O Equipo de Normalización convoca un Concurso de CONTOS DE AMOR

Bases do concurso de Contos de Amor (PDF 204,5 KB)

E máis un Concurso de LETRAS DE RAP

Bases do concurso de Letras de Rap (PDF 203,6 KB)

Para celebrarmos o venres 12 de febreiro o Día do Amor e o comezo do Antroido.

Por Santos o ENDL celebrou o II Concurso de Contos de Medo para ESO e Bach.
Presentáronse 15 arrepiantes historias moi imaxinativas.
O xurado estivo composto por alumnado do equipo e déronse tres premios consistentes en camisetas en galego e comics da “Santa Compaña”.
O alumnado da Aula Específica recibiu unha mención especial e representou o seu conto durante a entrega de premios
Aquí tedes o conto gañador:

«Os Corvos»