Tradicións


Estas presentacións mostran en tres capítulos a probable orixe do entroido, a singularidade desta celebración na Galiza e a súa gran diversidade.
É unha tradición que vén resistindo todo tipo de prohibicións e condenas ao longo dos séculos, chegando aos nosos días con toda a súa vitalidade milenaria.

Preme aquí para ver as tres presentacións

Advertisement

Cada vez se fala máis del.

“O Apalpador” é un vello carboeiro barbudo que baixa das devesas do Caurel nestas datas.
Tras apalpar as barrigas dos meniños  para comprobar que están ben mantidos, déixalles unha presa de castañas e algún que outro agasallo.
A imaxe é de Leandro Lamas  pero non é a única forma en que se representa.
Se queres saber máis sobre a recuperación
desta figura, entra na páxina:

www.apalpador.com

É interesante ver como se entronca con outras figuras   como  o  Olentzero  en Euskadi ou o mesmo Santa Claus.

O grupo de francés de 1º de bacharelato foi quen se encargou este ano da organización do magosto, co fin de obter fondos para a súa viaxe a París. A máis de castañas abondo para todo o personal houbo un mercadiño e unha exibición de xogos tradicionais, actividades nas que participou alumnado de todos os niveis. Un animado grupo de estudantes do ciclo medio de electrónica ocupouse da ambientación musical da festa.

A corda

Carreira de sacos

A máis dos tradicionais houbo tamén os imprescindibles xogos «de importación»

Fútbol

Baloncesto

O Samaín é unha festa tradicional que vén de moi lonxe. Ten que ver cunha tradición pagá que celebraba a chegada da escuridade do inverno.

Uuuuh!
Agradecemos á profesora de plástica e aos alumnos e alumnas que colaboraron a terrorífica ambientación do salón de actos para tan abraiante ocasión.
Aaaah!

Concurso de Cabazas
Era difícil entregar un  premio este ano debido á orixinalidade, á cantidade e ao medo que metían as cabazas presentadas a concurso. Pero o xurado, composto por profesorado e alumnado, quedou especialmente espavorecido con esta cabaza deportista:

cabaza_premio_black_500

Cabaza premiada

E para terminar meténdovos aínda máis medo no corpo, vai este arrepiante vídeo, con música de Mamá Cabra: