Saídas


O equipo de redacción da revista do Instituto fixo unha saída a Santiago para visitar as instalacións do xornal “La Voz de Galicia” así como da “Radio e Televisión de Galicia”.
Alí puideron comprobar como é o día a día da actividade xornalística aleccionados polos propios profesionais que lles explicaron con detalle todas as preguntas que xurdían.

Advertisement

O IES Campo de San Alberto xa está inscrito no Correlingua 2010, a carreira pola lingua que se celebrará no mes de Maio en Santiago e que nós encadraremos dentro das actividades que organizamos co Equipo da Biblioteca no mes ” Do Día do Libro ao Día das Letras”.
No Correlingua celébrase a festa da nosa lingua con animación, cancións, concurso de manifestos,actuacións musicais…bota unha ollada:

«CORRELINGUA 2010»

comedia_bifida

Comparecencia de Diña (foto Ed. Galaxia)

O 27 de Outubro o alumnado de 2º de bacharelato acudíu á representación de Comedia Bífida no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, actividade incluída na campaña ‘En galego, por que non?’, ideada por Editorial Galaxia e impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A obra é unha montaxe de Nobicarelo Teatro, dirixida por Tero Rodríguez e baseada no libro co mesmo título de Manuel Núñez Singala.
Á saída da reresentación  entregouse a todo o alumnado asistente un exemplar  da obra do mesmo autor, ‘En galego, por que non?’ Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega.

Sinopse:

Logo de caracterizar ao público, segundo vai entrando, como cadáveres, entra San Pedro e explica que están na sala de xuízos, agardando a que veñan o avogado defensor (San Xudas, patrón das causas perdidas, pero vén un Arcanxo -en realidade, un anxo en comisión de servizos-, substituto de San Antón, porque o Xefe confundiu o patrón das causas perdidas co patrón das cousas perdidas e San Antón está de baixa pois trabouno un can) e a acusación (que é Luci, en representación de Lucifer, unha muller de negro, provocadora, vulgar e sensual). Unha vez escollidos os membros do xurado entre o público, comeza o xuízo presidido por San Pedro.
Toca xulgar a deslealdade lingúística: os que non defenden o galego non merecen ser galegos. A primeira acusada en calidade de nai é Elpidia, que se fai chamar Diña: fala en castelán e quere que os seus dous fillos tamén o fagan, aínda que un verán tivo que pagarlle a pasantía a un deles que só suspendeu galego. O segundo, Eliseu, que fala sempre en galego aínda que pensa que non vale máis alá de Pedrafita, e na aldea todos empregan o galego menos o cura, polo que con el falan en castelán como poden. Logo, Lina e Lana, dúas siamesas, aínda que unha naceu na Coruña e outra en Vigo; son do Dépor e o Celta e parécelles o galego lingua de pailanes. Entra logo o empresario Pepe, acusado de deslealdade coa lingua pois aínda que di que é bilingüe e fala segundo lle pete fai un uso diglósico: coa secretaria que incompetente, que pretende como amante, en castelán, coa muller, en galego, coa directora do colexio privado, castelán, e coa profe da pasantía en galego, para despedila; pensa que xa que estamos na Unión Europea cumpría unificar todo para aforrar custes.
E cando o xuízo está visto para sentenza, entra un anxo dicindo que o xuízo non vale pois o público non está morto e en realidade son espectadores dunha (divertida) obra de teatro.

- Do programa da obra -

R_Cabanillas_Camb_200

Para aproveitar a viaxe, despois do teatro fumos a Cambados a saudar a don Ramón Cabanillas e a aprender moitas  cousas sobre a historia da vila do Salnés.
Cambados_escudo_Fef_250

Pazo de Fefiñáns (wikimedia commons)
>

Segundo o blog da Editorial Galaxia a Comedia Bífida ten un gran éxito entre o alumnado de bacharelato, a quen vai dirixida a campaña. Vos diredes que tal vos pareceu, podedes escribir a vosa opinión nos comentarios.

Para escribir un comentario pincha en Leave a Comment, embaixo do título
desta entrada.