Campañas de fóra


Queremos Galego convoca concentracións comarcais para o serán deste luns 15 de marzo nas principais cidades e en varias comarcas do país.

Queremos Galego convoca a toda a sociedade a unha mobilización xeral contra o retroceso de anos que o Anteproxecto do Decreto de Bilingüismo siginifica para o proceso de normalización da nosa lingua propia no sistema educativo.

  • Noia: ás 20 horas diante do Concello.

Pincha aquí para ver as convocatorias noutros lugares

Irónica iniciativa da Coordinadora de Normalización e Dinamización Lingüística a favor do galego, na que participan Luís Tosar, Antón Reixa, María Castro, Martiño Rivas, etc.

O Equipo de normalización do IES da Pobra do Caramiñal preparou este vídeo para que nos decatemos de que o léxico galego está moi relacionado co doutras linguas europeas, xa que moitas veces está máis próximo a elas, por evolución, que o castelán.


Como podedes ver, a nosa lingua, a máis de sernos moi útil para falar, ler e escribir, ábrenos ás portas cara a aprendizaxe de moitas linguas estranxeiras.

portada ReGAlemos

>

“Regalemos galego”  é un catálogo de agasallos que nos ofrece un suxestivo percorrido polo mundo do lecer en galego co que poder sorprender os familiares e as amizades.

Xogos electrónicos, libros, cine, computadores, xogos de mesa, documentais, música, roupa, mp4, móbiles etc. reunidos baixo un denominador común: o galego como lingua de aprendizaxe e comunicación.

Foi elaborado por alumnado do CPI Vicente Otero Valcárcel, Carral (A Coruña)no curso pasado pero segue vixente neste nadal. Para velo ou descargalo preme na ligazón:

Ligazón ao ficheiro (PDF de 12,3 MB)

Campaña de sensibilización sobre os nomes e apelidos:

Cabeceira con xeito

«Coa campaña CHÁMATE CON XEITO (**Llámate con jeito ?) a Área de Normalización da Universidade de Vigo quere suscitar unha reflexión entre a nosa comunidade universitaria acerca de como nos chamamos, de como nos chamaron e de como deberían ser os nosos nomes en galego e en castelán.»