Polo mundo adiante


Milleiros de persoas colaboran desinteresadamente na galeguización de Internet

«Saben que a enciclopedia de referencia en Internet, a Wikipedia, ten en galego a décima parte dos artigos que en español, pese a que a porcentaxe de galegofalantes no mundo é 0,7% da de hispano falantes? Que hai aplicacións informáticas que se traducen antes ao noso idioma que ao francés ou ao alemán? Que tamén está traducida Facebook, a rede social que tende a ter tantos membros no mundo como usuarios de Internet, e na súa irmá emerxente, Twitter, o galego está entre os 20 idiomas máis usados? O idioma propio de Galicia ten unha presenza na Rede moito máis elevada que nos medios de difusión tradicionais, e todo iso non con subvencións oficiais, como reza o mantra neoliberal, senón grazas ao esforzo desinteresado de milleiros de persoas. (…)

>> Seguir lendo en El País (só texto) >>

Xosé Manuel Pereiro – El País, 26 de febreiro de 2010

Advertisement


O Equipo de normalización do IES da Pobra do Caramiñal preparou este vídeo para que nos decatemos de que o léxico galego está moi relacionado co doutras linguas europeas, xa que moitas veces está máis próximo a elas, por evolución, que o castelán.


Como podedes ver, a nosa lingua, a máis de sernos moi útil para falar, ler e escribir, ábrenos ás portas cara a aprendizaxe de moitas linguas estranxeiras.