Despois da enmenda á totalidade ao proxecto de Decreto de Pluriligüismo, aprobada onte polo Consello Escolar de Galicia, a Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Ligüística quedan máis ou menos como esta casiña na China:

Nova sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística

O alucinante é que o actual secretario de política lingüística, Anxo Lorenzo, calificou á maioría do pleno do consello Escolar de Galicia como “maioría pequena” e o actual conselleiro de educación, Jesús Vázquez, afirma sentirse xustificado para seguir adiante co Decretazo (Galicia Hoxe 08-04-10).

A CIG-ENSINO pide a dimisión de ambos señores.

Máis detalles en IES ou non IES: Unha pequena maioría.

Advertisement

«¿Que diríamos se o estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria? Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateos. Creouna o xenio inviolable do noso pobo e labrouna o amor, a door e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha língoa é máis que unha obra de arte; é a matriz inagotable de obras de arte.»

Alfonso Rodríguez Castelao: Sempre en Galiza

Vídeo: romanlandin: Unha parábola do negacionismo lingüístico.

Queremos Galego convoca concentracións comarcais para o serán deste luns 15 de marzo nas principais cidades e en varias comarcas do país.

Queremos Galego convoca a toda a sociedade a unha mobilización xeral contra o retroceso de anos que o Anteproxecto do Decreto de Bilingüismo siginifica para o proceso de normalización da nosa lingua propia no sistema educativo.

  • Noia: ás 20 horas diante do Concello.

Pincha aquí para ver as convocatorias noutros lugares

Excelente reportaxe da manifestación do 21 de xaneiro en defensa do galego no ensino, realizada por soncine + vinte dez, do IES de Porto do Son.

Manifestación en Santiago de Compostela. Folga Xeral no ensino non universitario. Día 21 de xaneiro, 2010. Convoca “Queremos Galego”. Ducias de organizacións e ducias de miles de manifestantes expresan o seu desacordo, o seu NON á política lingüística do goberno de Núñez Feijoo, o seu compromiso, a súa lealdade co idioma galego e con Galicia. Vinte10, (a canle de vídeos do Equipo de Normalización Lingüística do IES Porto do Son) está alí.

Publicadas en Xunta de Galicia > Portal Educativo > Novas

A Consellería de Educación recórdalle a todos os pais e nais que teñen dereito a mandar os seus fillos a clase

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recórdalles a todos os pais e nais de estudantes de ensino non universitario que teñen todo o dereito a enviar mañá os seus fillos e fillas aos centros escolares. Desde a Xunta recórdase que tanto o transporte escolar como o servizo de comedor funcionarán con total normalidade e que todos os centros terán uns servizos mínimos establecidos que traballarán a prol de garantir a maior normalidade posible.

Por outra banda, desde a Consellería de Educación recórdase que a folga non se organiza en favor de ningunha reivindicación salarial ou profesional, senón como un acto partidista en programado contra as bases do decreto do plurilingüísmo, mesmo antes de que estas se coñeceran, e a pesar de que están sometidas ás valoracións que se fagan desde a comunidade educativa.

Neste sentido, e aínda respectando o lexítimo dereito de folga, o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, manifestou hoxe que “os convocantes non buscan unha mellora para o profesorado nin para o alumnado, o que converte a folga nun acto partidista“. Pola súa banda, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, sinalou, en relación co escenario de folga, que “nos atopamos, por un lado, cun pequeno grupo que segue enrocado lonxe do diálogo, e que segue interesado en tensionar o clima e, por outro lado, atopamos todo un grupo de institucións e sindicatos que neste momento están confirmando que non secundan a folga, e están tendendo unha man, que é o que nós estamos intentando tamén”.

O responsable de Educación, que deste xeito amosaba o seu recoñecemento “ás partes que veñen cunha actitude totalmente negociadora, que poñen enriba da mesa as súas suxestións, cun total respecto”, asegurou que catro sindicatos e outras tantas asociacións e federacións de pais lle expresaron o seu desacordo coa convocatoria de folga.

Por último, o director xeral, José M. Pinal, engadiu que “esta folga prexudica os pais e as nais, os estudantes que deberían continuar cos seus estudos e os profesores que, en moitos casos, están presionados para secundar un acto de protesta como o de mañá, cando ese non é o seu desexo“.

E despois, vista a mobilización, estoutra (pincha nesta liña para vela)

Descarga o documento da Real Academia Galega na seguinte ligazón:

ANÁLISE DA RAG DAS BASES PARA O DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Podes ler todo ou, se non, pode ser abondo co último parágrafo:

Pronunciamento público da REAL ACADEMIA GALEGA verbo das Bases do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia (Baseado no ditame que a RAG remitiu ao Goberno galego)

Onde di cousas coma estas:

É inaceptable.
É inconsistente legalmente.
É irresponsable.
É insostible dende o rigor pedagóxico e sociolingüístico.
Galicia non pode caer no risco de que, por estraños intereses, se converta o noso vital sistema educativo nun espazo degradado, con segregacións, marcas e conflitos.

É de interese sinalar que a Real Academia Galega non está constituída por elementos extremistas radicais, senón que pola contra é unha institución allea ás loitas políticas, como podemos comprobar na:

Páxina web da Real Academia Galega